Permisos de marisqueo a pé 2010



Permisos de marisqueo a pé


O marisqueo é a actividade extractiva, desenvolvida a pé ou dende embarcación, na zona marítima ou marítimo-terrestre dirixida de modo exclusivo e con artes selectivas e específicas á captura dunha ou varias especies de moluscos, crustáceos, tunicados, equinodermos e outros invertebrados mariños, con fins de comercialización.

Para o exercizo do marisqueo é necesario estar en posesión do permiso de explotación de marisqueo a pé ou que a embarcación dispoña da modalidade de marisqueo no permiso de explotación. Para a extracción dos recursos específicos tamén é necesario estar inscrito nun plan de xestión.

A información dispoñible neste informe céntrase exclusivamente nos permisos de explotación de marisqueo a pé para a extracción de moluscos bivalvos e dos recursos específicos para o período comprendido entre 2000 e 2010.

Para chegar a obter os datos finais neste período estableceuse un procedemento de revisión de todos os rexistros recollidos no sistema de xestión de procedementos administrativos da administración autonómica.

O proceso seguido para a identificación e validación dos permisos de explotación correspondentes a cada unha das anualidades consideradas seguiu os seguintes pasos:

Estes resultados que agora se publican recollen todas as situacións efectivas xestionadas ao longo destes anos. Á marxe de que existen publicacións, tanto divulgativas como de interese científico que aportan cifras con diferenzas substanciais con respecto ás que agora se dan como finais; desde a Consellería do Mar, e como resultado do traballo metodolóxico e minucioso levado a cabo, damos coma válidas e definitivas as cifras que neste documento se publican.

Ano a ano actualizaranse os datos de evolución dos permisos en vigor, coas visións de detalle que agora se ofrecen.

Este traballo realizouse baixo a coordinación do Servizo de Análise e de Rexistros, coa colaboración do Servizo de Marisqueo e os departamentos territoriais da Consellería do Mar.