¿Que é a plataforma tecnolóxica da pesca?

 

Esta web está estructurada en tres grandes bloques de información, distribuídos do seguinte xeito:

 
     a) Información estatística.
          a. Primeira venda de produtos pesqueiros frescos.
          b. Rexistro de buques pesqueiros da comunidade autónoma de Galicia.
     b) Información comercial.
          a. Cotizacións diarias dos produtos pesqueiros frescos.
          b. Subhastas on-line.
     c) Enlaces a páxinas de interese pesqueiro.
          a. Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos.
          b. Libro Verde da Política Marítima de Galicia.
          c. Centro de Control do Medio Mariño.
          d. Páxinas web de cada unha das lonxas galegas.
          e. Meteo Galicia e Instituto Nacional de Meteoroloxía.
          f. Fishbase (identificación de peixes).
 
Esta plataforma é resultado do convenio de colaboración asinado en Santiago de Compostela o día 17 de outubro de 2003 entre o Ministerio de Agricultura, Pesca y Alimentación e a Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos de Xunta de Galicia, para o apoio ao sector pesqueiro no marco do Plan Galicia e co fin de impulsar o desenvolvemento social e económico de Galicia.