Reservas mariñas de interese pesqueiro


Poderíamos definilas como áreas mariñas nas que se aplican sistemas de xestión e ordenación pesqueira baseados nun modelo de explotación sostible, de xeito que se garanta a pesca e a preservación dos recursos e dos hábitats, harmonizando os intereses dos diversos usuarios. Estas figuras de protección e xestión quedan sometidas a un réxime específico de usos permitidos e condicións de acceso.

En Galicia, as propostas de áreas de reservas mariñas xurden das comunidades pesqueiras locais dispostas a asumir a súa responsabilidade na preservación dos recursos da súa zona de traballo e participando directamente no seu deseño, xestión e control aportando os seus coñecementos tradicionais do espazo mariño onde faenan.

Actualmente, na costa de Galicia, existen dúas Reservas Mariñas de Interese Pesqueiro, que estarían encadradas na categoría VI da clasificación da UICN: "Área Protexida con Recursos Manexados":

A documentación dispoñible nesta páxina é:

Ano 2011:

"Os Miñarzos"

"Ría de Cedeira"

Ano 2010:

"Os Miñarzos"

"Ría de Cedeira"