Terminais TICPESC


Presentación.

Os terminais TICPESC son unha ferramenta de acceso á administración electrónica que a Consellería do Medio Rural e do Mar pon ao servizo do sector pesqueiro e dos cultivos mariños. Grazas a estes terminais se pode obter:

Entre os obxectivos deste proxecto está dotar a todos os portos pesqueiros de terminais TICPESC de xeito que presten servizo durante as 24 horas dos 365 días do ano e que non se dependa dos horarios de atención das confrarías de pescadores, das lonxas e de outras asociacións de profesionais do sector. Ademais serven para que as embarcacións que desembarcan en portos distintos do seu porto poidan dispor dun servizo necesario para o traslado das mercadorías por vía terrestre.

Sucesivamente incorporaranse novas prestacións nestes terminais TICPESC, achegando cada vez mais a administración aos usuarios. Máis adiante as persoas interesadas porán facer estes trámites desde a súa casa.

Modo de acceso

Para acceder ás funcionalidades proporcionadas polos terminais TICPESC pode empregar o seu DNI electrónico.

DNI electrónico

Con só introducir o seu DNI electrónico no dispositivo de lectura correspondente o terminal identifica inmediatamente se existen posibilidades para que o usuario realice as operacións para obter os documentos que precise, en función da seu sector de actividade.

O DNI electrónico pode obterse nas oficinas das comisarías de policía dependentes do Ministerio do Interior.

No enderezo web http://www.dnielectronico.es atopará toda a información necesaria para a obtención do DNI electrónico, así como todas as posibilidades de xestión que ofrece.

Outro xeito de acceder ás funcionalidades proporcionadas polos terminais TICPESC é a través das tarxetas TICPESC electrónicas.

Tarxeta TICPESC

Para aquelas persoas que non posúan DNI electrónico, poden solicitar á Consellería do Medio Rural e do Mar unha tarxeta TICPESC electrónica. Dita solicitude pode efectuarse no propio terminal TICPESC ou ben vía correo electrónico ao Servizo de Análise e de Rexistros sarex.mar@xunta.es.

Unha vez recibida a petición e comprobada a súa validez, a Consellería do Medio Rural e do Mar remitirá ao seu domicilio unha tarxeta TICPESC electrónica activada, que lle permitirá o emprego do terminal en calquera dos portos onde está instalado.

Funcionalidades

As persoas dedicadas á pesca extractiva poden obter:

As persoas dedicadas á acuicultura de bivalvos poden obter:

Ubicación

Actualmente están operativos un total de 27 terminais TICPESC ubicados en distintos portos do litoral galego. A continuación lístanse as ubicacións dos mesmos: